• Photo de ANDAINA CURRO DAS LACEIRAS - PENA CORNEIRA
  • Photo de ANDAINA CURRO DAS LACEIRAS - PENA CORNEIRA
  • Photo de ANDAINA CURRO DAS LACEIRAS - PENA CORNEIRA
  • Photo de ANDAINA CURRO DAS LACEIRAS - PENA CORNEIRA
  • Photo de ANDAINA CURRO DAS LACEIRAS - PENA CORNEIRA
  • Photo de ANDAINA CURRO DAS LACEIRAS - PENA CORNEIRA

Durée  4 hours 10 minutes

Coordonnées 1645

Publié 16 avril 2013

Recorded avril 2013

-
-
991 m
264 m
0
3,5
7,1
14,16 km

Vu 1563 fois, téléchargé 16 fois

près de Cortegazas, Galicia (España)

A Andaina é de 15-16 Km. partindo dunha altitude de 1000 mata a chegada que se atopa nos 570 m, onde os primeiros 10-12 Km. son practicamente en baixada.

A Andaina comeza no chamado “Curro das Laceiras onde no mes de setembro celébrase a Festa do Cabalo, que consiste en baixar os cabalos do monte para a súa marcaxe e venda.
Logo a medida que vaiamos baixando, e senón hai néboa, poderemos desfrutar dunhas vistas fermosísimas de practicamente toda a Comarca do Ribeiro e do Carballiño, divisando as cimas das Serras do Faro e do Suido.
Próximos ao pobo das Fermosas pararémonos no chamado Monte Serra que é un monte pertencente os pobos de Vilar e Cortegazas (Avión) e Serra (Leiro) dende o cal xa poderemos ter unha visión bastante xenérica do propio” Monumento Natural de Pena Corneira” e que ademais trátase dun monte onde os pobos teñen un convenio coa Xunta de Galicia, polo que a Consellería do Medio Rural fai os traballos necesarios no monte (Cortalumes, Pistas, rozas,control de pragas, talas de madeira...) e logo cando hai beneficios económicos a Xunta de Galicia recupera o que investiu e o pobo leva os beneficios; é unha explotación forestal, destacar tamén que é un bo lugar para perdérense os afeccionados ós cogumelos.
Continuando a ruta pasaremos polo pobo das “FERMOSAS” e entraremos nunha zona de carballeira e a medida que baixamos irémonos adentrando no espazo natural protexido do “Monumento Natural de Peña Corneira” ata chegarmos aos primeiros muíños restaurados da Beronza onde seguimos baixando cara o pobo da Beronza e chegar ata Carballeda de Avia.

Commentaires

    You can or this trail