Temps en mouvement  une heure 37 minutes

Durée  une heure 45 minutes

Coordonnées 998

Publié 12 octobre 2019

Recorded octobre 2019

-
-
88 m
8 m
0
1,4
2,8
5,58 km

Vu 43 fois, téléchargé 6 fois

près de Laiño, Galicia (España)

Ruta que percorre as aldeas de Bexo, Imo, Castro, Sar e Manselle por camiño real.
photo

Inicio. Bexo

Chan de Currais, antiguo campo da festa e por aqui pasaba o Camiño Real que baixaba da Paradegua casi paralelo a carrretera actual. Agora a Escola Unitaria de Bexo é a única actividade xunto o Centro Social que se fai en Chan de Viña.
panoramique

Espacio Publico

fountain

Chan de Viña

Espacio onde se fan as reunións da aldea. Ali se atopa a Fonte de Chan de Viña e a Cruz do mesmo nome.
Ruines

Tralatorre

Na aldea de Bexo existía unha torre de observación, posiblemente medieval, e unha porta de certo abolengo con cunchas de vieira no lintel.
Building of interest

O Hórreo das Pías

O mais grande de Dodro. A sombra que daban as súas tellas sobre o mesmo indicaban á xente que traballaba na veiga de Bexo a hora de comer.
photo

Cruceiro de Gradín ou das Escuras

Hai unha lenda que dí que debaixo deste cruceiro hai un tesouro agachado polos mouros.....
photo

Cruceiro de Ignacio

O Cristo ten unha man descolgada da cruz. É un exemplar moi raro de criceiro. Foi construido polo señor Ignacio, daí o seu nome, que fixera fortuna nas américas. Din que esta cruz estaba no cruceiro do xardín da igrexa parroquial e que o cura fixo cambiar porque non lle parecía bonito para a igrexa. Segundo isto a cruz orixinal sería a que agora preside o xardín parroquial de San Xoán de Laíño.
photo

Camiño real

Á dereita collemos o Camiño Real
photo

Muros de Entrehortas

Muros que divide as propiedades que foron da fidalguía dos señores de Rial para poder acceder á aldea de imo pola parte central
Building of interest

A Casa das Señoritas de Rial

Daqui saíron ilustres militares, catedráticos, médicos etc. Tiñan a casa petrucial na Rúa da Conga en Compostela, de modo que aquí solo pasaban parte do ano. Enfrente está a casa que era Taberna da Richalda onde paraban as carrilanas que baixaban dende o Barbanza e amarraban os cabalos na casa das señoritas.
photo

EntreHortas

fountain

Fonte de Resúa

Building of interest

Capela de San Xosé e Casa Rectoral

Building of interest

Conxunto Histórico dos Hórreos de Imo

Conxunto de once hórreos, en perfecto estado de conservación, orientados segundo eixo norte-sur, variando en número de vans e tipo de soporte. O conxunto o complementan unha grande praza onde se realizan as festas patronais, así como un lavadoiro, no extremo noroeste. Recentemente tamén se recuperou o xogo dos bolos.
Building of interest

Aldea de Arriba de Imo

Casa de Aguirre e reloxo de sol. A Casa de Aguirre, de ascendencia vasca, foi unha das mais poderosas e ricas da comarca. Eran donos de boa parte das terras agrícolas e tiñan foros. Enrriba da porta pódense observar duas troneiras de defensa. A construcción pode datarse en 1754. Consta con un reloxo de sol do ano 1758 na outra beira do camiño.
photo

Aldea de Imo

Ruines

Castro de Imo

Diante do castro na parte norte a uns cen metros existe unha pequena elevación con peche elíptico con grandes pedras que se chama "A Coroa da Reina Moura"
panoramique

O mellor banco do mundo

Vista panorámica de parte do concello e do río Ulla.
Building of interest

Hórreo da Miguensa ou Hórreo do Arco

O hórreo aséntase sobre unha gran estrutura de pedra feita a base de perpiaños de granito e que configura unha entrada que remata en arco na parte superior, que os canteiros da zona lle chaman campanel, dando acceso ao patio ou “corral” da vivenda. O tornarratos, de tipo mesa, vai coroando a base do hórreo, e serve de apoio aos cinco pares de columnas da cámara. Esta é totalmente de madeira, cunha faixa central e ao redor de 22 doelas por cada claro. Na parte da zona interior hai unhas escaleiras de pedra para o acceso ás entradas da cámara comunicadas por unha gran lousa de pedra. Leva sobrepenas nos penais, sen adornos no cume, e o teito é de armazón de madeira e vai a dúas augas con tella do país. http://patrimoniogalego.net/index.php/80210/2015/11/horreo-con-arco-en-castro/ Elixio Vieites
photo

Cruceiro de Bazoco

Din que a cruz non é orixinal do cruceiro. Pode ser a que se atopa enrriba da fonte de Rial, pois a principios do século XX un gran temporal deu con el no chan.
photo

Sar

Building of interest

Mini Hórreo en Sar

Posiblemente o mais pequeno de Dodro
photo

Aldea de Manselle

Casas de indianos da aldea que deron forma á novela "Pensa Nao" de Anxo Angueira. "Aldea rusa" era denominada nos tempos do alzamento franquista, polas cooperativas leiteiras que funcinaban na mesma, e polas ideas republicanas do seus habitantes.
photo

Rúa empedrada

As rúas de Manselle xa estaban empedradas a principio do século XX e os xurros corrían por baixo das pedras. Aínda agora se poden ver as canalizacións.
Building of interest

Palomar octogonal

Building of interest

O Valo de Manselle

No valo de Manselle ós veciños desta aldea de Dodro traballaron durante dous anos na construcción dun valo de contención para facer practicable un campo de xogos ubicado en terreos comunais que a concentración parcelaria convertera en vertedoiro de lixos. Anxo Angueira adicoulles ós veciños o seu poemario "O Valo de Manselle" que empeza así: "E fano eles./ E van todos os da aldea,a os sábados, todo o día / E van mulleres e rapaces / E eu vino e é un valo que lle randea o aquel./ E fano eles. / E un pon a luz pra formigoneira, / e outro a auga prá porla / e outro o tractor pra iren buscar ao monte a pedra/ que é de pedra / E todos pon as mans e o lombo/ E eu vino e o valo é moito valo, o Valo de Manselle./ E fono e colleno e xuntánose coma antes prás restevas/ e prás mallas. / E NINGUÉN OS MANDOU NIN OS ACODE/ FANO ELES./

Commentaires

    You can or this trail