Temps en mouvement  une heure 21 minutes

Durée  2 hours 22 minutes

Coordonnées 1159

Publié 17 mars 2019

Recorded mars 2019

-
-
640 m
570 m
0
1,9
3,7
7,42 km

Vu 79 fois, téléchargé 6 fois

près de Catasós, Galicia (España)

Pequena ruta por unha fermosa paisaxe. O percorrido decorre por camiños sen maleza aínda que, como é lóxico, con auga ou lama cando corresponde. Camíñase por entre exemplares sobranceiros de árbores autóctonas, sobre todo castiñeiros (bravos) e carballos. Tamén hai, polo menos, un exemplar xigantesco de sobreira.
A fraga está atravesada por diferentes camiños polo que os percorridos pódense variar. Esta ruta parte dun local social e campo da festa, onde se pode estacionar sen problema. A chegada dende aquí ata a fraga propiamente dita si que é un chisco enredosa porque nalgún momento non hai camiño. Dende este punto tamén se pode complementar o percorrido con outras fragas veciñas, como se pode ver na ruta que (máis ou memos) foi utilizada de modelo para facer esta: https://gl.wikiloc.com/rutas-sendeirismo/fraga-de-catasos-variante-12408240
O track ten un erro perceptible pois deixou de gravar. Non quero pensar que este erro teña que ver con que me acababa de caducar a suscrición ao Wikiloc, pero non me tiña pasado antes... ;-(
En resumo: unha zona moi apropiada para un paseo, máis ou menos longo, por entre bosques do país. Mellor facela en tempo seco, especialmente verán.
Pásase por diante dun restaurante, onde serven boa comida...

Commentaires

    You can or this trail