Durée  5 hours 7 minutes

Coordonnées 1659

Publié 1 décembre 2016

Recorded novembre 2016

-
-
502 m
312 m
0
4,9
9,8
19,54 km

Vu 1649 fois, téléchargé 20 fois

près de Alongos, Galicia (España)

Este sendeiro homologado no concello de Toén consta dun percorrido circular (ruta principal) e logo, a maiores, ten dúas variantes. Unha delas, a Variante 1 (de 3,1 Km) é un atallo preto de Moreiras e a outra, a chamada Variante 2 (de 4,8 Km) é de trazado diametral. De xeito que hai varias posibilidades para facer este PR-G 186. Nós imos simplificar a nosa andaina dividindo o sendeiro en dous aneis e que van ter en común a Variante 2.

Neste anel 2 atoparemos os seguintes puntos de interese:

- Antigos camiños que foron recuperados logo de 30 anos de abandono e que son especialmente fermosos pola zona baixa de Moreiras, case todos eles corredoiras mergulladas en vizosas fragas de frondosas nas que predominan os carballos.

- A riqueza arquitectónica, especialmente en Moreiras coa súa igrexa de San Pedro, do século XVIII, con fachada barroca e rematada por dúas torres desiguais unidas por unha balaustrada. A citar tamén a Casa do Patín e todo o casco antigo.

-Trelle, que conta coa igrexa de Nosa Señora dos Anxos, de planta rectangular, muros de sillería e espadana de dous ocos. Toén, capital do concello e coa igrexa de Santa María, con vestixios románicos e portada renacentista.

- Zonas boscosas con presenza de sobreiras -das que se aproveita a súa cortiza-, castiñeiros, érbedos, carballos, freixos e piñeiros.

View more external

Área recreativa en Moreiras.
Bosque de carballos.
Punto de inicio deste segundo anel.
Punto de encontro coa variante 1 en Moreiras.
Camiño encaixado.
Corredoira.
Congostra.
Camiño de carro encaixado entre valados.
Desvío opcional de ida e volta a Trellerma.
Variante que atalla hacia Moreiras.
Fonte de auga potable en Moreiras.
Fonte de auga potable en Moreiras.
Fonte de auga potable en Trelle.
Igrexa parroquial de Toén.
Igrexa parroquial de Trelle.
Igrexa do século XVIII en Moreiras.
Zona con mesas cubertas en Trelle, ao carón da igrexa.
Parroquia de Toén.
Pequeno regato.
Pequeno regueiro.
Regato.
Bosque de sobreiras.
Bosque de castiñeiros.
Concello da provincia de Ourense.
Parroquia de Toén, Ourense.

2 commentaires

  • Photo de jesussimon

    jesussimon 1 déc. 2016

    Para ver o Anel 1, preme este enlace.

  • Photo de jesussimon

    jesussimon 1 déc. 2016

    O Anel 1 é moito máis interesante desde o punto de vista etnográfico e paisaxístico.

You can or this trail